DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 22 de agosto de 2025 Páx. 46243

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo tres novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), ou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro) convocouse o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.

Por medio da Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro) convocouse o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.

Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas respectivas convocatorias por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, e segundo a base V.5 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de tres novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base V.5 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran no anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas para a categoría a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Dado que na presente coexisten os procesos de concurso e de concurso-oposición, a orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación da convocatoria do proceso selectivo, de xeito que a máis antiga terá preferencia sobre a máis recente. Neste caso, as persoas aspirantes aprobadas polo sistema de concurso terán preferencia sobre as aspirantes aprobadas polo sistema de concurso-oposición.

Cuarto. Co fin de acceder á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico, ao cal se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría á cal accede. A devandita exclusión non suporá dereito a indemnización. O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo.

2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. Neste punto, lémbrase que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deberán permanecer en servizo activo na devandita categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da categoría a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, «unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico».

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se atopase incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles, e renunciará expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

2. Aspirantes que se encontra na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. A renuncia debe presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución. No caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicaron os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, e renunciará expresamente ao outro, sempre que non se tivese producido aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados. Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste ordinal.

Noveno. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Décimo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo primeiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Persoas aspirantes convocadas á elección de destino

Nº de orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Acceso

42

***7038**

Vázquez González, Iria

Concurso

Libre

43

***2942**

Vázquez Vázquez, María Elizabet

Concurso-oposición

Libre

44

***2608**

Andrade Seoane, Laura Irene

Concurso-oposición

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

26

EDC994011415001182

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas E.E. Centro Público Provincial (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante

34

EDC994011415001271

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas E.E. Centro Público Provincial (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante

41

EDC994011415001272

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas E.E. Centro Público Provincial (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante