Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando as persoa interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública da instalación que se sinala no cadro anexo.
Lugo, 1 de agosto de 2025
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Nº de expediente: nova LAT 20 kV Adro e ampliación da LAT 20 kV Muras 2.
Concello: Vilalba.
Nº de expediente: IN407A 2023/180 ATE.
|
Nº de predio |
Titular proposto |
Pol. |
Parc. |
Concello |
Lugar |
Cultivo |
|
3 |
Hros. Jerónimo Fernández Carreiras |
40 |
207 |
Vilalba |
Vilar de Paraños |
Prado |
