DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 22 de agosto de 2025 Páx. 46265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/435-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalacións por fin da vida útil do apoio 9PFSDKOA//23, no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/435-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 21 de maio de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 24 de outubro de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Negreira, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 23.4.2024, no BOP do 7.2.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 13.2.2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará unha notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña