DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 22 de agosto de 2025 Páx. 46322

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Souto

ANUNCIO da primeira convocatoria da asemblea xeral da constitución da comunidade.

María del Pilar Picallo Alfonsín, veciña do lugar de Souto na parroquia de Santo André de Souto do concello da Estrada (Pontevedra), mediante este anuncio convoco á asamblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea tera lugar o 20 de setembro de 2025 (sábado), as 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, na nave dos depósitos sita nos terreos da parcela núm. 1, polígono 225, coa referencia catastral 36017A225000010000DK coordenadas UTM (ETRS89) X:543.608 Y: 4.718.025, coa seguinte orde do día:

– Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo de vivenda, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

– Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

– Designación dos membros que integrarán a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

– Rogos e preguntas.

A Estrada, 30 de xullo de 2025

María del Pilar Picallo Alfonsín
Representante da Comunidade de Usuarios de Souto