De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda Muralla nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 31 de xullo de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON-LU-0117/2022-DIA.
NIF interesado/a: 33556526D.
Acto notificado: acordo de imposición da quinta multa coercitiva.
