DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 26 de agosto de 2025 Páx. 46757

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de varios postos de Coordinación de Técnicos Superiores no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Pola Resolución do 3 de setembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 180, do 18 de setembro) convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de varios postos de Coordinación de Técnicos Superiores no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de Coordinación de Técnicos Superiores no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra convocados neste procedemento, aos/ás aspirantes que constan no anexo.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento (artigo 6 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas que modifica o artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde). Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 23 de xullo de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación prazas

Apelidos e nome

DNI

Prazas

Denominación

Centro

Alonso García, Mª de los Ángeles

***2772**

1

Coordinación Técnicos Superiores

Unidade Docencia, Calidade e Innovación

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

Bernárdez Lorenzo, Inés

***3330**

1

Coordinación Técnicos Superiores

Imaxe para o Diagnóstico

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

Rivas Martínez, Ana María

***2243**

1

Coordinación Técnicos Superiores Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

Deserta (ningún/ha aspirante presentado/a no procedemento)

1

Coordinación Técnicos Superiores

Laboratorio Diagnóstico Clínico

Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.