A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal de 1 praza: 1 técnico da Área de Tecnoloxía dos Produtos Pesqueiros.
As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 20 de agosto de 2025
Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar
