De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Portas Fernández o Acordo da Dirección de Portos de Galicia, do 26 de xuño de 2025, que inicia o procedemento para reclamar os custos derivados da reparación dos danos ocasionados na varanda do porto de Pontecesures polo accidente do vehículo con placa de matrícula PO 1431 AX, do que se ten coñecemento o 7 de agosto de 2024, e do posterior reflotamento e traslado do vehículo, por non ser posible a notificación no domicilio.
Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Este acordo a emíteo Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 146 da Lei de portos de Galicia.
O importe a que ascenderon as actuacións de reparación da varanda, reflotamento e traslado do vehículo, asumidas con carácter de urxencia por Portos de Galicia, foi de 3.609,9 euros co IVE incluído.
A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Outórgase un prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta cédula para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que considere axeitados en defensa dos seus dereitos.
O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.
As alegacións serán dirixidas ao instrutor nomeado do procedemento, no enderezo antes sinalado.
Se manifesta a súa conformidade coa reclamación poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos servizos centrais de Portos de Galicia nos números de teléfono 981 54 53 29 e 981 54 52 05, e neste caso darase por finalizado o procedemento.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
