DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Monterrei (expediente IN407A 2024/93-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 42.765 e núm. BVUCQBLL, na casa do concello de Monterrei, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 5 de agosto de 2025

A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe de servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/93-3.

Instalación: Regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 42.765 e núm. BVUCQBLL.

Concello: Monterrei.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

A Ribeira

32051B504012840000HG

María del Carmen Nieto Novoa

Casa do concello de Monterrei

13.10.2025

11.15

2

A Parediña

32051B504015780000HM

Juani Trinidad Loaínza Reluz

Casa do concello de Monterrei

13.10.2025

11.25