O Concello de Outeiro de Rei fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza e/ou corta aos titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Nome e apelidos do/da interesado/a ou razón social |
Nº de expediente |
Referencia catastral xeorreferenciada |
|
Construcciones Clelia, S.L. |
637/2025 |
27039A070000150000GG |
|
Construcciones Clelia, S.L. |
637/2025 |
27039A070006940000GT |
|
Construcciones Clelia, S.L. |
670/2025 |
3085312PH1638N00010F |
|
Construcciones Clelia, S.L. |
217/2025 |
3085308PH1638N0001GF |
|
José María Rozas Carballido |
308/2024 |
27039A102001940000QH |
|
En investigación |
402/2025 |
27039A069100090000GU |
|
En investigación |
805/2025 |
27039A064100690000GA |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais deste concello, das 9.00 ás 15.00 horas, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, dispoñen do mesmo prazo para cumprir as obrigas de xestión da biomasa e/ou, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas non permitidas.
Unha vez transcorrido este último prazo, continuarán as actuacións, de conformidade co artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril.
O Concello de Outeiro de Rei notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Outeiro de Rei, 4 de agosto 2025
José Pardo Lombao
Alcalde
