DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nos expedientes de baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola 321000105792 e 324000404852.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e queda a súa eficacia supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo director territorial do Medio Rural en Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 6 de agosto de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

321000105792

34620648J

Prazo de alegacións

324000404852

34620648J

Prazo de alegacións