DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 7 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0031/2025-V).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, BOE núm. 307, do 24 de decembro).

Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, as citadas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Tras transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 7 de agosto de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0031/2025-V

DNI 78812657Y

Acordo de incoación de procedemento sancionador