DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do acordo de ocupación e do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2024/51-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Regulamentación LMTA CRG811 no treito entre os apoios nos 63-89 e nos 63-96 (Baleira), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 6 de agosto de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración
dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación
no concello de Baleira

Expediente: IN 407A 2024-51-2.

Denominación: Regulamentación LMTA CRG811 no treito entre os apoios nos 63-89 e nos 63-96 (Baleira).

Nº de predio

Políg.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

m2

ml aéreos

m2 aéreos

1

54

153

Carballal

Monte alto

Descoñecido

63-90

2.00