Mediante o Acordo da Comisión Executiva do Consorcio, do 24 de xullo de 2025, aprobouse a oferta de emprego público do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, que foi publicada o xoves 31 de xullo de 2025 no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 174, xunto co texto íntegro do acordo.
O que se fai público en cumprimento do determinado no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2010, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, con indicación de que esta resolución é definitiva, polo que contra ela os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Comisión Executiva, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a citada publicación, na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere procedente.
Lugo, 7 de agosto de 2025
O presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
P.D. (Decreto do 7.9.2023)
Pilar García Porto
Representante da Deputación de Lugo no Consorcio Provincial contra Incendios
