DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47146

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025 pola que se resolve o concurso de provisión de referencia TU2404.

De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso de provisión convocado mediante Resolución desta universidade, do 17 de marzo de 2025 (BOE do 24 de marzo), e presentada pola persoa proposta a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu adxudicar a praza convocada tal e como se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse nos termos da base 9.3 da convocatoria.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 1 de agosto de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza nº 1.

Código

TU2404-T02-535-TU-TC-01

Corpo

Profesor titular de universidade

Área de coñecemento

A0535 Enxeñaría eléctrica

Departamento

D00T02 Enxeñaría Eléctrica

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***1344**

Nome e apelidos

José Carlos Alfonso Gil