De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da/s persoa/s interesada/s na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na Lei.
Ourense, 8 de agosto de 2025
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2025/1954-3 |
34632741P |
|
PR204A 2025/2000-3 |
X2719192V |
|
PR204A 2025/2394-3 |
44808519B |
|
PR204A 2025/2529-3 |
43554859N |
|
PR204A 2025/2555-3 |
34995358F |
