De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas na ala sur do Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra as resolucións que se notifican poderá interpoñerse demanda perante a xurisdición social, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación da dita resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 28 de xullo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/12901-1 |
47378909J |
Resolución estimatoria da reclamación |
17.6.2025 |
|
2024/2857-1 |
32802208E |
Resolución desestimatoria da reclamación |
20.6.2025 |
|
2023/6874-1 |
49330195W |
Resolución desestimatoria da reclamación |
10.7.2025 |
|
2023/2414-1 |
36496478D |
Resolución desestimatoria da reclamación |
15.7.2025 |
