De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso convocado mediante resolución desta universidade do 9 de abril de 2025 (BOE do 21 de abril) e tras presentar a persoa proposta a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 1 de agosto de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Praza número 1.
|
Código |
TU2403-T04-555-TU-TC-01 |
|
Corpo |
Profesorado titular de universidade |
|
Área de coñecemento |
A0555 Enxeñería Química |
|
Departamento |
D00T04 Enxeñería Química |
|
Centro de traballo |
312 Escola de Enxeñería Industrial |
|
DNI |
***6682** |
|
Nome e apelidos |
María Dolores Torres Pérez |
