Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación do trámite de audiencia as persoas interesadas propietarias das parcelas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 5 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Persoas interesadas |
Acto notificado |
|
Aurelio Porto Piñeiro Josefina Menor Buceta García Marina Casas Martínez Manuel Torres Outeda Manuela Porto Piñeiro Miguel Martínez López |
Resolución do 19.3.2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada LMT, CT Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/487-4). |
|
Antonio Soage González José Soage González |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/193-4 de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTA, CT Pumar, no concello de Marín. |
|
Carmen Piñeiro Cortes |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/257-4 da solicitude da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación LMTA VAR803, substitución dos apoios 9SH3FVC1//52-2, 9SE5W1GP//52-3 e 9SC6K6PK//52-4, no concello de Vilagarcía de Arousa. |
|
Hrdos. Bienvenido Alonso Bugarín |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/305-4 da solicitude da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación LMT MOS707: substitución do apoio A34SF8R0//A34SF8R0, no concello de Mos. |
|
Titulares das parcelas con referencias catastrais 36006A030006850000OF e 36006A030002690000OM |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/409-4 da solicitude da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CT Serantellos, no concello de Cambados. |
|
Arturo Porto Prado |
Resolución de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada LMT, CT Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/487-4). |
|
Titulares das parcelas con referencias catastrais 36026A040002670000LK e 36026A040005060000LA |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/329-4 da solicitude da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución dos apoios 9WQSQV73//D82-26-10 e 9WOMO32B//D82-26-11 da LMTA PSY806. |
|
Titular da parcela con referencia catastral 5672623NG2757S0001DX |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/341-4 da solicitude da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución dos apoios Regulamentación LMTA TRO718: apoios A02BFD94//3 e A05TVMMN//4. |
|
Titular da parcela con referencia catastral 36900A064104840000QH |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2019/231-4 da solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica Reforzo LMTA LOZ803A en Tomeza. |
