DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47712

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral.

Por medio deste anuncio convócanse todos os veciños dos lugares de Rego Traveso, A Bugalleira, Castro, O Quinteiro, Cezobre, A Torre, O Penedo, A Vila, As Penelas e A Ponte do Muíño, da parroquia de San Cristovo de Borraxeiros, pertencente ao concello de Agolada (Pontevedra), interesados na traída de augas da zona de Borraxeiros, á xunta xeral, que terá lugar no Teleclub de Borraxeiros, o día 27 de setembro de 2025, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, co obxectivo de tratar a seguinte:

Orde do día:

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2º. Lectura, exame e aprobación, se procede, das ordenanzas e estatutos da Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros.

3º. Rogos e preguntas.

Para que lles sirva de convocatoria, en legal forma, a todas as persoas interesadas.

Borraxeiros, 8 de agosto de 2025

Encarna Tomé Fociños de Valenzuela
Presidenta da Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros