DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 1 de setembro de 2025 Páx. 47694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2025 pola que se fai público o financiamento, cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo de servizo de apoio técnico nos traballos de identificación e delimitación das zonas húmidas con relevancia para o ciclo hidrolóxico na Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2025-0005).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 90712000-1 (planificación ambiental).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11 Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de apoio técnico nos traballos de identificación e delimitación das zonas húmidas con relevancia para o ciclo hidrolóxico na Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Referencia de expediente: AUG-2025-0005.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 182.534,23 euros. Importe total: 220.866,42 euros.

8. Valor estimado do contrato: 182.534,23 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 15 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos (47), proposición económica (41), medidas para o impulso demográfico (10) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 9 de xuño de 2025.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 4.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 27 de xuño de 2025.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Adantia, S.L.

14.2. NIF: B15503279.

14.3. Enderezo: edificio Área Central, 1ª planta, local L-32-K, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: adantia@adantia.es

14.6. Fax: 981 94 36 82.

14.7. Teléfono: 654 30 56 62.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada.

Importe neto: 162.400,00 euros. Importe total: 196.504,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Actuación financiada cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; Compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 3 (C5.I3): transición dixital no sector da auga (vixilancia e control do contorno dixital); fito CID 426: posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos; proxecto 01 (C05.I03.P01): mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13): PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 17 de xaneiro de 2025.

– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de xuño de 2025.

– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 1 de xullo de 2025.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia