Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 26 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 251, do 31 de decembro), habilitouse o prazo dun mes para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo para o acceso ás categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.
A base novena da Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), de convocatoria do proceso selectivo, dispón que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.
A mesma base dispón que, comprobada a documentación de todas as persoas aspirantes aprobadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das persoas aspirantes definitivamente seleccionadas, as prazas que se lles oferten e o procedemento e o prazo para que estas manifesten a súa opción polos destinos ofertados.
En virtude do exposto, comprobada a documentación das persoas aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Aprobar a relación de destinos que se lles ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso para cada unha das categorías e que figura como anexo II desta resolución.
Terceiro. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).
As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha listaxe informativa de adxudicación de destinos.
Cuarto. De conformidade coa base 10.4 da convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso.
Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:
– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.
– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.
– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos no punto anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselle ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2025
A directora xeral de Recursos Humanos
P.D. (Acordo do 29.7.2025)
Begoña Caamaño del Castillo
Subdirectora xeral de Xestión de Profesionais
ANEXO I
Persoas aspirantes seleccionadas
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
||||||||
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota oposición |
Formación |
Experiencia profesional |
Outras actividades |
Puntuación total |
|
1 |
***9278** |
RODRIGUEZ RIOS, MARTA |
LI |
49,375 |
8,000 |
26,840 |
2,800 |
87,015 |
|
2 |
***3608** |
RODRIGUEZ GARCIA, M. DE LA ENCARNACION |
LI |
50,375 |
8,000 |
25,000 |
2,600 |
85,975 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
||||||||
|
1 |
***3521** |
TEIJIDO FERREIRO, NOELIA |
LI |
51,500 |
8,000 |
28,000 |
2,800 |
90,300 |
|
2 |
***7059** |
GARCIA VAZQUEZ, ANGELA |
LI |
55,625 |
8,000 |
22,841 |
2,400 |
88,866 |
|
3 |
***6592** |
DOMINGUEZ NOGUEIRAS, JOSE RAMON |
LI |
51,875 |
8,000 |
28,000 |
0,980 |
88,855 |
|
4 |
***8791** |
LOPEZ VILA, SILVIA MARIA |
LI |
48,250 |
8,000 |
27,780 |
2,800 |
86,830 |
|
5 |
***2373** |
MENDEZ DIAZ, PABLO |
LI |
48,750 |
8,000 |
28,000 |
2,000 |
86,750 |
|
6 |
***1139** |
NUÑEZ MARTINEZ, MARIA CRISTINA |
LI |
46,250 |
8,000 |
28,000 |
4,000 |
86,250 |
|
7 |
***6424** |
VALIN BERMUDEZ, ANA BELEN |
LI |
46,000 |
8,000 |
28,000 |
4,000 |
86,000 |
|
8 |
***5207** |
NOGUEIRA RODRIGUEZ, CONCEPCION |
LI |
46,500 |
8,000 |
28,000 |
2,800 |
85,300 |
|
9 |
***9462** |
ALVAREZ ESTEVEZ, SANDRA |
LI |
49,500 |
8,000 |
25,400 |
2,200 |
85,100 |
|
10 |
***8056** |
FERNANDEZ LEMA, MARISOL |
LI |
55,625 |
8,000 |
16,658 |
4,000 |
84,283 |
|
11 |
***1341** |
SERRAPIO GONZALEZ, SUSANA MARIA |
LI |
46,875 |
8,000 |
28,000 |
1,400 |
84,275 |
|
12 |
***9083** |
GARCIA LOPEZ, MARIA CONCEPCION |
DI |
50,000 |
8,000 |
14,800 |
2,400 |
75,200 |
|
Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre. |
||||||||
|
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
||||||||
ANEXO II
Relación de destinos ofertados
|
Categoría |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
Nº prazas |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Complexo Hospitalario Universitario de Lugo |
Lugo |
- |
4 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense |
Ourense |
- |
2 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago |
Santiago de Compostela |
- |
3 |
|
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
A.S. de Vigo |
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo |
Vigo |
- |
3 |
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A Fonsagrada-Becerreá |
A Fonsagrada-Becerreá |
Mañá |
1 |
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
A.S. de Vigo |
Val Miñor |
Nigrán |
Tarde |
1 |
