De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das propostas de resolucións do procedemento de reintegro da prestación económica ditadas no último domicilio das persoas interesadas, sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través da persoa que as represente, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.
A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As propostas que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, practicada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes, así como as alternativas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 36 do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
A Coruña, 28 de xullo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data documento |
|
FE-13060 |
33057389H |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
30.4.2025 |
|
CO-97861 |
51490196G |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
30.4.2025 |
|
FE-11250 |
32148711R |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
30.4.2025 |
|
SC-63663 |
76464221P |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
3.4.2025 |
|
CO-100589 |
33810206E |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
3.4.2025 |
|
CO-23461 |
52435693V |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
|
SC-104899 |
37095483W |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
|
FE-90527 |
32761868R |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
|
CO-90111 |
32418150H |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
|
CO-68975 |
58025996D |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
|
CO-90307 |
32259175L |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
10.6.2025 |
