DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 28 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2022/1257-6 e un máis).

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións ditadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades-EVO Ferrol, do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, sita no Edificio Administrativo de Ferrol, na praza Camilo José Cela, s/n, 3º andar, 15403 Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social neste despartamento territorial no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 28 de xullo de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/1257-6

35911518P

Resolución de recoñecemento

28.4.2025

2022/0675-6

33239843J

Resolución de recoñecemento

28.4.2025