DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 2 de setembro de 2025 Páx. 47805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2022/67-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT CDR807 reforma do tramo entre o CT Cordobelas (15CU37) e o CT Campo da Cruz (15CU38), no concello de Cedeira (expediente IN407A 2022/67-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/67-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT CDR807 reforma do tramo entre o CT Cordobelas (15CU37) e o CT Campo da Cruz (15CU38).

Concello: Cedeira.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

3

Cortiña

59

1401

Descoñecida