BDNS (Identif.): 853893.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853893
Primeiro. Persoas beneficiarias
As persoas que teñan a condición de ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento, e que posúan o nivel B2 ou superior en lingua inglesa e o título académico necesario ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do dito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán ter rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar unha (1) bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na oficina da FGE en Bruxelas.
Terceiro. Bases reguladoras
Á bolsa regulada por esta resolución seranlle de aplicación as bases reguladoras recollidas como anexo I da Orde do 12 de abril de 2024 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).
Cuarto. Importe
O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:
– Retribución bruta (pagamento á persoa bolseira): 18.000,00 €.
– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento á persoa bolseira): 1.100,00 €.
– Seguridade Social: 764,16 €.
– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 99,20 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025
Jesús Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa
