DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 48002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A2023/435-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 21 de maio de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Renovación de instalacións por fin de vida útil do apoio nº 9PFSDKOA//23, no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/435-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 12 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Negreira

Renovación de instalacións pola fin da vida útil do apoio nº 9PFSDKOA//23 (LAMT TA2-807 Arzón 7)

Parcela

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15057A030002460000BI

Lugar de Taberna Vella

Novo apoio

nº 23

2

Piñeiral madeirable

2

María Josefa Negreira Suárez

15057D513005140000QH

Lugar de Campos

Novo apoio

nº 23-bis

2

Prados ou pradarías de regadío