DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 4 de setembro de 2025 Páx. 48248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente para a declaración da situación de pendencia por inexistencia, extinción ou desaparición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada (Vilar de Barrio).

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Provincial de Montes, situadas en Villamil e Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 13 de agosto de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Comunidade de montes veciñais

34947013P

Acordo de inicio

Parada (Vilar de Barrio)