No Diario Oficial de Galicia núm. 154, do 13 de agosto de 2025 publicouse a Orde do 4 de agosto de 2025, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan os Premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024.
Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas, o 29 de agosto de 2025 tivo lugar a sesión do xurado cualificador, que emitiu o seu acordo de concesión dos devanditos Premios Deporte Galego das edicións correspondentes os anos 2023 e 2024.
Conseguintemente, e en virtude das atribucións que me foron conferidas:
RESOLVO:
Primeiro. Publicar o acordo do xurado cualificador dos Premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024.
Segundo. Esta lista expoñerase na páxina web https://deporte.xunta.gal e será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a orde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; ou ben recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO I
Premios Deporte Galego 2023:
|
Categoría |
Deporte |
Premiados/as |
|
|
1 |
Mellor deportista feminina |
Fútbol |
Teresa Abelleira Dueñas |
|
2 |
Mellor deportista feminina con discapacidade |
Tríatlon e atletismo |
Susana Rodríguez Gacio & Adiaratou Iglesias Forneiro (ex aequo) |
|
3 |
Mellor deportista masculino |
Atletismo |
Adrián Ben Montenegro |
|
4 |
Mellor deportista masculino con discapacidade |
Atletismo |
Gustavo Dacal Martínez |
|
5 |
Mellor deportista feminina revelación |
Taekwondo e judo |
Helena García Suárez & Laura Vázquez Fernández (ex aequo) |
|
6 |
Mellor deportista masculino revelación |
Vela |
Jaime Wizner Pérez-Lafuente |
|
7 |
Mellor equipo feminino |
Baloncesto |
Club Deportivo Bosco de Vigo & Club Universitario «Baxi» de Ferrol (ex aequo) |
|
8 |
Mellor equipo masculino |
Fútbol |
Selección Galega de Fútbol Afeccionado |
|
9 |
Mellor equipo inclusivo |
Tríatlon e atletismo |
Club Deportivo Delikia |
|
10 |
Mellor entidade na promoción do deporte base |
Patinaxe |
Club Patinaxe Artística Gondomar |
|
11 |
Mellor adestrador/a |
Ximnasia e fútbol |
Pablo Clemente Hinójar Rey & Jonatan Giráldez Costas (ex aequo) |
|
12 |
Mellor árbitro/a ou xuíz/a |
Judo |
Nagore Valle Benito |
|
13 |
Mellor labor informativo |
- |
DxT Campeón |
|
14 |
Mellor evento deportivo |
Karate e tríatlon |
Karate 1 Youth League A Coruña & Final Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra (ex aequo) |
|
15 |
Premio ao patrocinio deportivo |
- |
Aceites Abril |
|
16 |
Premio ao xogo limpo |
Baloncesto |
Florina Valentina Medrea |
|
Premio Galicia Saudable ás entidades destacadas no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: |
|||
|
17 |
Entidade de carácter público |
- |
Concellos de Abegondo e Arteixo (ex aequo) |
|
18 |
Entidade de carácter privado |
- |
BeOne |
|
19 |
Entidade educativa |
- |
IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) |
ANEXO II
Premios Deporte Galego 2024:
|
Categoría |
Deporte |
Premiados/as |
|
|
1 |
Mellor deportista feminina |
Ximnasia |
Melania Rodríguez Muñoz |
|
2 |
Mellor deportista feminina con discapacidade |
Esgrima e tríatlon |
Judith María Rodríguez Menéndez & Susana Rodríguez Gacio (ex aequo) |
|
3 |
Mellor deportista masculino |
Balonmán e motociclismo |
Rodrigo Corrales Rodal & Jorge Prado García (ex aequo) |
|
4 |
Mellor deportista masculino con discapacidade |
Ciclismo, tiro olímpico e tenis |
Damián Jaime Ramos Sánchez, Juan Antonio Saavedra Reinaldo & Martín de la Puente Riobó (ex aequo) |
|
5 |
Mellor deportista feminina revelación |
Natación artística |
Daniela Suárez Fernández |
|
6 |
Mellor deportista masculino revelación |
Fútbol |
David Mella Boullón |
|
7 |
Mellor equipo feminino |
Fútbol sala |
Club Deportivo Burela Fútbol Sala |
|
8 |
Mellor equipo masculino |
Baloncesto |
Club Básquet «Leyma» Coruña |
|
9 |
Mellor equipo inclusivo |
Piragüismo |
Equipo español de Barco Dragón DB10 200 m |
|
10 |
Mellor entidade na promoción do deporte base |
Voleibol |
Club Emevé |
|
11 |
Mellor adestrador/a |
Piragüismo |
Daniel Ángel Brage Casteleiro |
|
12 |
Mellor árbitro/a ou xuíz/a |
Atletismo |
Dolores Rojas Suárez |
|
13 |
Mellor labor informativo |
Remo |
Soltando Estacha (TVG) |
|
14 |
Mellor evento deportivo |
Motociclismo |
Campionato do Mundo de Motocrós/MXGP Lugo |
|
15 |
Premio ao patrocinio deportivo |
- |
Abanca |
|
16 |
Premio ao xogo limpo |
Fútbol |
Equipo cadete da Sociedade Deportiva Burela |
|
Premio Galicia Saudable ás entidades destacadas no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: |
|||
|
17 |
Entidade de carácter público |
- |
Concello de Ribadeo |
|
18 |
Entidade de carácter privado |
- |
Carreira alternativa-Agaxede |
|
19 |
Entidade educativa |
- |
IES As Lagoas (Ourense) |
