DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2024/052-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 22 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BEG704. Substitución de apoio AOHDUQOI//23, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2024/052-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 18 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Betanzos.

Nº parcela

Lugar/ref. catastral

Cultivo

Propietarios

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

m2

1

Río Cobo 15009A011008880000EG

Rústico. Agrario

Labor ou labradío secaño

María de las Mercedes San Adrián Otero

Luis Antonio José San Adrián Otero

María José San Adrián Otero

Ana Rodríguez San Adrián

María Rodríguez San Adrián

Belén Rodríguez San Adrián

Enrique Julio Rodríguez San Adrián

AOHDU QOI//23

2,0