DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 1 de setembro de 2025 de convocatoria de poxa pública para o alleamento da antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.

Ás 12.30 horas do día 23 de outubro de 2025, na Sala de Comisións nº 1 do Edificio Administrativo do Reitorado, na rúa Mestranza, 9, A Coruña, terá lugar a terceira poxa pública, á alza e con presentación de ofertas de viva voz, da antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, situada na avenida 19 de febreiro, s/n, Ferrol, 15405 A Coruña.

Datos xerais do procedemento:

1. Órgano que realiza a poxa: Xerencia da Universidade da Coruña (UDC).

2. Forma e prazo para a presentación da solicitude de participación.

A presentación da solicitude de participación e documentación anexa poderá realizarse anticipadamente ata o día 7 de outubro de 2025 ou ben in situ ante a mesa da poxa no día da súa realización, aínda que, neste último caso, non se outorgará un prazo para emendar as deficiencias que se poidan advertir.

A presentación anticipada da documentación realizarase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, dirixida á Xerencia, ben de forma presencial no Edificio Administrativo do Reitorado, na rúa Mestranza, 9, 15001 A Coruña, durante o horario de apertura, ou de forma telemática no Rexistro da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/). A presentación tamén se poderá realizar por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación de documentación administrativa realizarase conforme o previsto na condición 8 do prego de condicións de poxa pública para o alleamento de inmobles de propiedade da UDC, que se pode consultar no taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).

3. Tipo de licitación: 4.795.406,43 €.

4. Lugar de consulta do prego de condicións.

Taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).

Para máis información: secretaria.xerencia@udc.gal

5. Prazo para solicitar unha visita ao inmoble.

A solicitude para visitar o inmoble deberá remitirse, antes do 1 de outubro ás 14.00 horas a secretaria.xerencia@udc.gal

6. Descrición do ben obxecto de poxa.

Antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.

Referencia catastral: 1167603NJ6116N0001EZ.

Localización: avenida 19 de febreiro, s/n, Ferrol 15405 A Coruña.

Superficie construída: 6.898 m² (planta soto e tres (3) plantas sobre rasante).

Superficie do terreo: 10.733 m².

Datos rexistrais:

Propiedade rexistral nº 20957.0, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol.

Tomo 2435, libro 998, folio 113, inscrición/anotación 2p.

Lindeiros: norte: camiño; sur: Escola Náutico-Pesqueira; leste: avenida 19 de febreiro, e oeste: terreo e casa da Universidade da Coruña.

Valor da taxación: 7.492.822,55 €.

7. Garantía.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o previsto na condición 6 do prego.

8. Gastos.

Serán por conta da persoa adxudicataria os gastos dos anuncios e os restantes previstos nos pregos.

A Coruña, 1 de setembro de 2025

Ricardo José Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña