Mediante a Resolución reitoral do 15 de maio de 2025 (DOG do 28 de maio e BOE do 23 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar equipos de raios X, grupo II, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión, cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– José Martín Carreira Villamor, catedrático de universidade da USC.
Vogales:
– Miguel Ángel Pombar Cameán, profesor titular de universidade da USC.
– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Rosa Moure Vieiro, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidenta:
– Virginia Pubul Núñez, profesora asociada da USC.
Vogales:
– Rafael Varela Ponte, profesor asociado da USC.
– Juan Oreiro Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– Manuel Bermúdez Blanco, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
