DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de agosto de 2025, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ES-P-005/25 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de agosto de 2025

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

ES-P-005/25

36115675V

Resolución de expediente sancionador

ES-P-036/25

36095440E

Acordo de incoación de expediente sancionador