DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de restauración e abandono definitivo de labores de concesión da explotación derivada do permiso de investigación Doña Gloria, número 2398 (PO/C/02398), situada no termo municipal das Neves, da provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de restauración e abandono definitivo de labores da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Doña Gloria, número 2398 (PO/C/02398), situada no termo municipal das Neves, da provincia de Pontevedra, con denominación de proxecto de restauración e abandono definitivo de labores da concesión de explotación Doña Gloria, número 2398, elaborado por Pedra Ingeniería, S.L., de acordo co contrato menor de servizos da Consellería de Economía e Industria, dada a situación de liquidación da empresa titular do dereito mineiro. O proxecto realízase con cargo ao investimento i3 de restauración de ecosistemas e infraestrutura verde da compoñente 4 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

Cando sexa indispensable a atención persoal, poderase acudir ás dependencias do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 44.

As posibles alegacións presentaranse por escrito, ante este órgano administrativo, en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 28 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra