Ás 10.00 horas do día 30 de setembro de 2025 terá lugar nas dependencias do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situadas no Edificio Administrativo Igape no Complexo Administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun/dunha letrado/a da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un/unha empregado/a público/a da Subdirección de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape, que actuará como secretario/a, a poxa pública do ben inmoble titularidade do Instituto Galego de Promoción Económica que se describe a seguir e do que foi acordado o seu alleamento mediante Resolución da directora xeral do 28 de abril de 2025.
Lote único. Edificio con elementos de naves sito en Ribadumia (Pontevedra).
Natureza do predio: urbano.
Datos rexistrais: predio rexistral nº 8.087. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados número 1: tomo 1339, libro 96, folio 128.
Municipio: Ribadumia.
Referencias catastrais: D70100100NH10F0001AF e 36046A001000020000YP.
Localización: rúa A Barca, nº 6 e 8, Sisán, Ribadumia (Pontevedra), código postal 36636.
Superficie do terreo: 8.692,25 m2.
Superficie construída: 2.077,00 m2.
Descrición: edificación industrial formada por varias construcións agrupadas.
Poxa mínima: 193.000 €.
Importe da garantía para participar: 48.250 €.
Tramos da poxa: 1.000 €.
Prezo do anuncio: estímase en 600 €.
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar ante a mesa, en metálico ou cheque bancario, o 25 % da cantidade sinalada como poxa mínima ou tipo de licitación do ben (48.250 €), ou acreditar que se depositou tal cantidade mediante transferencia na conta do Igape na entidade Abanca, con número ES83 2080 0388 2731 1000 0584.
Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e a formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión será de aplicación conforme o disposto na lei.
O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape, no edificio Igape, no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, así como na páxina web do Igape no enderezo: www.igape.gal
Teléfonos de información: 900 81 51 51, 981 54 11 51 e 981 54 11 41.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
