Mediante a Resolución do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de setembro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, situados nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, previa cita no teléfono 981 54 55 73 ou no enderezo electrónico sxrenovables.medio-ambiente@xunta.gal. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado
ou non notificadas, coa identificación das parcelas afectadas
Acto que se notifica: Resolución do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de setembro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, situados nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT).
Expediente: parque eólico Coto da Mina (expediente IN661A 2010/01-3 AT).
Solicitante: Coto da Mina, S.A.
|
Núm. parcela |
Interesado/a |
Concello |
|
27 |
Adelina Reboredo Penedo |
Piñor |
|
124 |
Belisardo Rivas Dalama |
O Irixo |
|
9-11 |
Cesáreo García Fernández |
Piñor |
|
9-11 |
Isabel García Fernández |
Piñor |
|
9-11 |
Modesto García Fernández |
Piñor |
|
13 |
Eligia Pérez Bernárdez |
Piñor |
|
2 |
Emilio Nogueira e outros |
Piñor |
|
1-30-35 |
Ramón Bernárdez Freijedo |
Piñor |
|
17 |
Veciños da parroquia de Cusanca |
O Irixo |
|
37-73-108-110-117 |
Rosario Pérez Zobra |
Piñor |
|
34 |
Susana Vázquez Presas |
Piñor |
|
34 |
José Luis Vázquez Presas |
Piñor |
|
61 |
José Antonio Pérez Rodríguez |
O Irixo |
|
61 |
Pura Pérez Rodríguez |
O Irixo |
|
23 |
Descoñecido/a |
Piñor |
