En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanselles os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, no caso de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e o Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da seguridade social.
A Coruña, 19 de agosto de 2025
A directora territorial da Coruña
P.S. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Nº de expediente |
Persoa interesada (DNI/NIE) |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
150021814 |
47366391F |
Requirimento de documentación |
16.6.2025 |
|
150021717 |
32715921P |
Requirimento de documentación |
21.3.2025 |
|
150022417 |
Y1195141Y |
Requirimento de documentación |
10.6.2025 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Nº de expediente |
Persoa interesada (DNI/NIE) |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
150011206 |
32582554H |
Requirimento de documentación |
7.5.2025 |
