DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS650G (expediente 150030025).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución da reclamación previa ditada polo departamento territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícaselle a dita resolución á persoa citada no anexo, que se empraza para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Transcorrido o prazo, de non facelo, terase por realizada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta na devandita resolución, que esgota a vía administrativa e que contra ela poderá interpor demanda ante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 19 de agosto de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO I

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

(DNI/NIE)

Resolución

Data da resolución

150030025

60645930J

Desestimación

23.5.2025