DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15078003425R e nove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en uso da competencia atribuída a este departamento territorial, tras ser intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes. Advírteselles que, de non facelo, se entenderá efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, sen presentaren a documentación, continuará a tramitación dos expedientes, sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 19 de agosto de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15078003425R

Z0976043C

Requirimento de documentación

11.7.2025

15048000224R

49676331B

Requirimento de documentación

18.7.2025

15030041824R

Z1539050X

Requirimento de documentación

9.6.2025

15078010324R

Z1452314F

Requirimento de documentación

15.7.2025

15030007724R

Y0788465Q

Requirimento de documentación

18.6.2025

15030065823R

Z1038687N

Requirimento de documentación

20.6.2025

15030052620R

32947902B

Requirimento de documentación

16.6.2025

15030059123R

52430592E

Requirimento de documentación

17.6.2025

15030058624R

Z1873566Z

Requirimento de documentación

15.7.2025

15036002125R

47436294J

Requirimento de documentación

24.7.2025