– 1 investigador/a posdoutoral en mecánica de fluídos aplicada ás enerxías renovables. Referencia: MISOL-25-INV1. NRP: 6090051.
Desenvolvemento e aplicación de métodos de simulación a mesoescala co código WRF para mellorar a representación de parques fotovoltaicos neste modelo e entender os seus impactos no microclima.
– 1 investigador/a predoutoral en mecánica de fluídos aplicada ás enerxías renovables. Referencia: MISOL-25-INV2. NRP: 6090052.
Desenvolver o axuste entre os códigos DOFAS (microescala) e WRF (mesoscala) para aplicacións de enerxía renovable.
Contratos de actividades científico-técnicas previstos no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, cuxo obxecto será a realización de actividades vinculadas a liñas de investigación ou de servizos científico-técnicos. Aplícase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.
O prazo de presentación de solicitudes para estes postos será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases dos procesos selectivos para estas prazas están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo serán públicadas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2025
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
