Mediante resolución da Alcaldía adoptouse o seguinte acordo:
Primeiro. Modificar a oferta de emprego público do persoal ao servizo desta corporación correspondente ao exercicio de 2019, en relación coa praza de oficial de policía local incluída nela, do seguinte xeito:
Denominación da praza: oficial de policía local.
Clase de persoal: funcionario.
Número de vacantes: 1.
Sistema de acceso: promoción interna.
Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello https://aguarda.sedelectronica.gal e no boletín oficial da comunidade autónoma correspondente.
A Guarda, 28 de xullo de 2025
Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde
