O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 1 de agosto de 2025, aprobou inicialmente o proxecto de estudo de detalle para os efectos de regularizar sete (7) parcelas sitas no polígono industrial do Camballón, con referencias catastrais 8780833NH6388S0001WW, 8780834NH6388S0001AW, 8780835NH6388S0001BW, 8780836NH6388S0001YW, 8780837NH6388S0001GW, 8780838NH6388S0001QW, 8780839NH6388S0001PW.
De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese á información pública, por un prazo dun mes, que comezará a contar a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, procederase á información pública mediante un anuncio no xornal Faro de Vigo.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello https://viladecruces.sedelectronica.es.
Vila de Cruces, 19 de agosto de 2025
Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde
