Antecedentes:
1. O día 29 de xullo de 2025, Galician Marine Aquaculture, S.L. solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da granxa Galician Marine Aquaculture, S.L.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro) e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Tipo: granxa mariña.
Nome: Galician Marine Aquaculture, S.L.
Situación: lugar da Piela, s/n, Tal de Abaixo, Muros, A Coruña.
Especies autorizadas: peneira (Haliotis tuberculata), rodaballo (Scophthalmus maximus).
Número de rexistro: RA05706.
Superficie dominio público marítimo-terrestre: 605 m2.
Superficie dominio privado: 6.698,49 m2.
Naves: 6.255,49 m2.
Balsas de decantación: 443 m2.
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 15.4.2009.
Remate da vixencia: 15.4.2029.
Actual titular: Galician Marine Aquaculture, S.L. (B15860679).
Novo titular: Aquafarm Galicia, S.L.U. (B75352302).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O novo titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
b) Certificación da inscrición do establecemento no rexistro da propiedade a nome do novo titular.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
A Coruña, 4 de setembro de 2025
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
