DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2025/3455-2 e sete máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispñen as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante , como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 13 de agosto de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2025/3455-2

X3276834R

PR204A 2025/3490-2

33537377L

PR204A 2025/3556-2

33556420H

PR204A 2025/3575-2

78759090Y

PR204A 2025/3626-2

33338364W

PR204A 2025/3734-2

Y8365626B

PR204A 2025/3736-2

33269863H

PR204A 2025/3779-2

34262654Z