DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49011

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B), convocado mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B), mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (DOG número 125, do 2 de xullo), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B).

A Estrada, 5 de setembro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B)

– Tribunal titular.

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Juan José Lemos González, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.

Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.

– Tribunal suplente.

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Fernando Lozano Selles, inspector do corpo da Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras.