DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49230

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 4 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de febreiro de 2025 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 25 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

– Aula 2

– Aula 11

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal