De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de agosto de 2025 do proxecto Ampliación dunha explotación de vacún de leite, no lugar de Caboladrón, na parroquia de Mesos, no concello de Frades (A Coruña), promovido por Gandeiría Escariz Cebreiro, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2025
A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 7.8.2025)
Alejandro Carrera López
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental
