DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Naturoteca, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial o 4 de agosto de 2025 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación dos artigos número 1 (denominación e réxime legal), 2 (domicilio social), 3 (ámbito territorial), 4 (obxecto e actividade económica), 28 (constitución e funcionamento da asemblea), 29 (dereito de voto), 33 (composición do órgano de administración) e 45 (achegas obrigatorias) dos estatutos sociais da entidade Naturoteca, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 9 de maio de 2025. A nova denominación social é Senda Creativa, S. Coop. Galega, o seu novo domicilio social é As Barxas, número 11, concello de Ourense, provincia de Ourense.

Ourense, 4 de agosto de 2025

Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense