DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 2025 Páx. 49256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de agosto de 2025 polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia do recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0052-2024 (antes PON/268/2020-RP1).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia á persoa interesada con Y7152100B, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0052-2024 (antes PON/268/2020-RP1).

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considera pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística