De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación do Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data do 29 de xullo de 2025, da memoria anual de actividades correspondente ao exercicio de 2024, xunto cos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:
– Informe de fiscalización dos fondos europeos. Exercicio de 2023.
– Informe de fiscalización dos fondos de compensación interterritorial. Exercicio de 2023.
– Informe de análise do custo efectivo dos servizos públicos municipais das fases de abastecemento e saneamento do ciclo integral da auga.
– Informe de fiscalización das actuacións para a prevención integral da violencia de xénero na comunidade autónoma, exercicios de 2018-2022.
– Informe de fiscalización das actuacións da Comunidade Autónoma de Galicia para cumprir os obxectivos do programa de dixitalización do sistema educativo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Enlace para acceder á memoria de actividades do exercicio 2024:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/transparencia/actividades
Enlace para acceder aos informes de fiscalización:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
